lunes, 14 de diciembre de 2020

O Magosto no CEIP Vicente Risco

Aquí tendes o recompilatorio da nosa celebración deste Magosto tan especial.

Cada grupo aprendeu unha copla sobre este festexo popular e logo montamos un vídeo conxunto.

Así seguimos a conmemorar todas as nosas tradicións.

Xa vos deixamos co vídeo. Disfrutádeo!

 

domingo, 13 de diciembre de 2020

Iluminando o futuro no CEIP Vicente Risco (Galiciencia 2020)

Aquí tendes as imaxes dos nenos e nenas de Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto qu formaron parte dun Taller recibido en directo a través de Youtube e organizado por Galiciencia os pasados xoves 10 e venres 11 de decembro.

Neste taller aprenderon a crear pequenos circuítos eléctricos onde descubriron moitos conceptos relacionados coa electricidade dun xeito práctico e motivador.

Mirade que ben o pasaron apredendo.